Pódense empregar varios editores para editar elementos na base de datos do OpenStreetMap. Antes de poder editar calquera dato, precisarás crear unha conta no OSM.
O Gl:Guieiro para principiantes amosarache de que xeito engadir datos ó OpenStreetMap. Hai dispoñíbel titoriais en moitas linguas e podes escollelas dende a barra que figura na parte superior da páxina. Tamén pode que che interese ollar os Proxectos de cartografado para atopar a inspiración sobre o que cartografar.
Editores principais
iD é o editor máis doado de empregar que se atopa por defecto no botón "Editar" da páxina de inicio do OpenStreetMap, e é ideal para contribucións de edición rápida. Execútase no teu navegador e baixa os datos de xeito automático mentres navegas polo teu redor.
JOSM é unha aplicación de escritorio programada en Java altamente configurábel e extensíbel que permite editar máis datos á vez, empregando ferramentas máis avanzadas e de acceso directo ós datos co gallo dunha meirande complexidade.
Potlatch é o precursor do iD, aínda empregado por bastantes persoas, e tamén dispoñíbel no botón 'Editar' ó premer na listaxe despregábel ("▼"). Require Flash.
Vespucci é a aplicación do Android de emprego máis espallado.
Para unha máis detallada comparación dos principais editores, consulta a Comparativa de editores.
Escolla de editores
Xa que o OpenStreetMap é unha plataforma aberta cunha API de edición, hai moitos outros editores para escoller, algúns cun subconxunto de funcións simplificado, algúns que operan en plataformas específicas, como dispositivos móbiles. A seguinte táboa enumera algunhas das opcións. Ó igual que con todas as listaxes desta wiki, a presenza na listaxe non ten que considerarse unha recomendación, bota unha ollada ás estatísticas de emprego do editor para ollar cales están actualmente en uso, xeralmente só se manteñen e reciben soporte de boas prácticas de cartografado aqueles editores cunha base actual de usuarios maior.
Nome
Imaxe
Plataforma
Engadir PDIs
Editar/Eliminar PDIs
Editar etiquetas ó chou de obxectos OSM existentes
Editar xeometrías
Soporte para base de datos de desaxustamento de imaxes